Actualidade Fez, de balde na Epic Games Store, e en sete días estarán Celeste e Inside

Fez, de balde na Epic Games Store, e en sete días estarán Celeste e Inside

FEZ está xa dispoñíbel a un prezo de cero euros na Epic Games Store, seguindo a tradición das ofertas semanais realizadas pola tenda dixital dos donos de Fortnite.

Este título configúrase como a gran obra de Phil Fish e adoita ser considerado como un imprescindible do catálogo de consolas da pasada xeración. Nel controlamos a Gómez, un personaxe que vive nun universo 2D pero que acaba por descubrir a terceira dimensión, abrindo un novo mundo de posibilidades á súa vida.

Acompañando este anuncio, a plataforma de venda e xogo dixital tamén deixou caer cales serán os dous títulos seguintes en recibir a famosa oferta de gratuidade: Celeste e Inside. Dous pesos pesados dentro do catálogo independente, referentes de éxito e creación.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *