Actualidade Florence confirma a súa estrea en Switch e PC, chegará o 13 deste mesmo mes

Florence confirma a súa estrea en Switch e PC, chegará o 13 deste mesmo mes

Despois do seu éxito en dispositivos móbiles, Florence tamén chegará a Nintendo Switch e PC. Desenvolto por Mountains e editado por Annapurna Interactive, configúrase como unha experiencia narrativa de enorme calidade. O 13 de febreiro estará dispoñíbel nos dous sistemas.

Terá un prezo aproximado de 5,99 euros. Florence Yeoh é unha moza atrapada entre o traballo, as horas de sono e as redes sociais, pero o seu día a día mudrá após coñecer a Krish, un violonchelista cunha particular visión da vida. Minixogos, quebracabezas e arte gráfica danse a man nun relato íntimo, romántico e moi recomendábel.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.