Actualidade For Honor e Alan Wake, de balde, na Epic Games Store esta semana

For Honor e Alan Wake, de balde, na Epic Games Store esta semana

Despois duns cuantos días con MoonlighterThis War of Mine a prezo cero,  Alan Wake e For Honra son os dous novos xogos gratuítos desta semana da Epic Games Store.

Alan Wake é un xogo de terror psicolóxico e misterio, con fortes referencias a obras culturais moi coñecidas como pode ser Twin Peaks ou O Resplandor. É un título de Remedy —Max Payne, Quantum Break—, estudio que este mesmo mes estrea o seu novo xogo, Control.

Pola súa banda, For Honor é un título multixogador, de combate tridireccional, desenvolto por Ubisoft, que conta cunha boa lexión de seguidores en todo o mundo.

A próxima semana poderás descargar de balde o crebacabezas 3D GNOG.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.