Actualidade Gears 5 prohibe fumar aos seus protagonistas

Gears 5 prohibe fumar aos seus protagonistas

A franquía Gears of War podería ser definida a través da súa intrínseca violencia e mesmo da súa linguaxe adulta, pero máis aló disto os seus responsables decidiron eliminar no seu novo capítulo −e os vindeiros— un vicio que semella destinado a desaparecer nas sociedades modernas: o acto de fumar.

A compañía encargada do seu desenvolvemento fixo público que en Gears 5 non veremos a ningún dos seus personaxes cun cigarro na boca, así como tampouco se exaltará o seu uso en momento algún da campaña e demais modos de xogo.

A decisión chega despois de que Turner, organizador da competición eSports ELeague Gears Summer Series Invitational, asinase un acordo promocional con Truth Initiative, unha entidade sen ánimo de lucro que ten por obxectivo acabar co tabaco e o seu uso recreativo entre os mozos norteamericanos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.