Actualidade Geralt de Rivia tamén cazará en Monster Hunter World

Geralt de Rivia tamén cazará en Monster Hunter World

Iceborne, a nova expansión de Monster Hunter World, chegará con moitísimas novidades ao longo do próximo ano. Ampliará o mundo xa existente e traerá consigo un novo espazo para saír de caza. O máis sorprendente é que antes de todo iso tamén fará aparición Geralt de Rivia, o icónico protagonista de The Witchter III: Wild Hunt. Non está nada mal contar cun dos maiores cazadores da ficción das nosas consolas.

Na práctica, Geralt chegará a principios do 2019 como parte dun evento de balde, mentres que a expansión Iceborne aínda tardará un anaco máis. Tocará esperar ata outono.

O xogo, gañador dun dos GOTY deste ano, ampliará o seu catálogo de criaturas e engadirá un novo rango de monstro. Está por confirmar se será o Rango G, reclamado en máis dunha ocasión pola comunidade de xogadores.

Este Rango G é o nivel de dificultade máis alto do xoto e soe ofrecer recompensas únicas e valiosas, amosando monstros nas súas versións ou modificacións máis perigosas. Estas criaturas contan con novos movementos e formas de actuar, e poden ser un desafío até para os cazadores máis veteranos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.