Actualidade Anunciado un crossover de Fortnite e Harley Quinn

Anunciado un crossover de Fortnite e Harley Quinn

Ver convertido Fortnite nun escaparate de promoción para a sétima arte estase convertendo nun asunto moi habitual. Despois dos Vingadores, Batman ou Johhn Wick é a quenda de Harley Quinn, que este venres asaltará a carteleira encarnada por Margot Robbie en Aves de Presa.

Esta nova mestura de universos chega coa actualización 11.5, que engade un cosmético de Harley Quinn, ademais dun bate de béisbol e un mazo que fai de pico. Pronto estarán dispoñibles na tenda oficial.

Amais deste crossover, habilitarase tamén un evento de San Valentín chamado Amor e Guerra, por tempo limitado. Incluirá un conxunto de desafíos e diversos cosméticos. O parche de hoxe tamén supón o regreso da plataforma de lanzamento nas colas de xogo non competitivas e a implementación do sistema de físicas Chaos, de Unreal Engine.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.