Actualidade Así é DOOM Reborn, o mod que actualiza os gráficos das entregas clásicas

Así é DOOM Reborn, o mod que actualiza os gráficos das entregas clásicas

Unha das sagas que está a vivir unha segunda mocidade desde hai uns anos é DOOM. A obra de id Software está a recibir numerosos eloxios após a súa última entrega, DOOM Eternal, e co reinicio de 2016. Agora, un dos proxectos fan máis ambiciosos da franquía converteuse nunha realidade. Este proxecto pretende dar un lavado de cara Aos dous primeiros títulos da serie, utilizando o motor gráfico id Tech 4 Engine.

DOOM Reborn, da man do modder gamehacker, actualiza os modelos e as texturas das armas, escenarios e inimigos de DOOM e DOOM II, aproveitando os modelos de DOOM 3. Este mod funciona de forma independente e permite axustar configuracións de resolución, luz, aparencia do menú principal e mesmo engade easter eggs a ambas as entregas. Alén, engadíronse mapeos de Parallax Occlusion, os cales permiten crear efectos en tres dimensións para as texturas planas dos escenarios.

Podedes descargar de forma totalmente gratuíta DOOM Reborn a través da páxina oficial do mod, que inclúen as instrucións necesarias para a súa instalación.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.