Actualidade Capcom presenta Street Fighter 6

Capcom presenta Street Fighter 6

Capcom anunciou oficialmente Street Fighter 6. Após varios días de rumores e especulacións, a compañía xaponesa revelou que a conta atrás que estes días podía ser observada na súa web tiña como fin ser o principio do novo capítulo da franquía de loita, unha das máis coñecidas e xogadas do mundo.

O anuncio realizouse coincidindo co final do Street Fighter Prol Tour acontecida esta fin de semana. Este ano, ademais, celébrase o trixésimo quinto aniversario do nacemento da saga, e a compañía xaponesa xa dixo que podiamos esperar noticias sobre un título novo e así foi. Non hai sorpresas, mais si expectación.

Por desgraza, Capcom non revelou nada sobre este Street Fighter 6, nin plataforma, nin data, nin personaxes… Ben, si deixou unha xanela de lanzamento aberta: este verán.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.