Actualidade Dragon Quest XII xa comezou co seu desenvolvemento

Dragon Quest XII xa comezou co seu desenvolvemento

No seu evento aniversario, Dragon Quest non quixo gardar nada no peto: ata un total de seis novos xogos foron anunciados, se ben é certo que o protagonista indiscutible da xornada foi o Dragon Quest XII: The Flames of Fate, nova entrega da franquía principal. Pouco máis sabemos do futuro xogo, mais os seus responsables sinalan que terá unha temática máis adulta do habitual e un ton máis escuro —como toda continuación ao longo da historia—.

Tamén se comentou que as decisións do xogador terán bastante impacto na trama e que o sistema de combate por quendas está a ser redeseñado por completo. Xa veremos como loitamos nesta nova entrega. Polo momento, só queda por ver o pequeno teaser que tes a continuación. Por suposto, non hai data nin xanela de lanzamento. Unha estimación? Mínimo, 2023.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.