Actualidade Grand Theft Auto: The Trilogy :: Rockstar revivirá parte da súa historia en novembro

Grand Theft Auto: The Trilogy :: Rockstar revivirá parte da súa historia en novembro

Chegou a confirmación. Este novembro, concretamente, o 11 dese mes, poderemos revivir tres das aventuras máis ambiciosas creadas no seu momento. GTA III, GTA: Vice City e GTA: San Andreas regresarán na súa versión definitiva, tras meses de filtracións, rumores e comentarios.

Na práctica, Rockstar está a darlles unha segunda vida plena. O tres títulos chegarán con importantes melloras gráficas que afectarán á iluminación, as texturas, os modelados e demais elementos visuais, incluíndo a distancia de debuxado —un dos puntos máis interesantes—. Poñer á disposición do presente este tres clásicos do pasado supón un movemento habilidoso por parte da compañía, que aínda hoxe ve como GTA V segue sendo un dos títulos máis vendidos cada mes —e aínda ten que chegar a PS5 e Series X|S—.

As melloras non son só visuais. Os controis foron retocados para que se parezan máis aos do último Grand Theft Auto publicado, incluíndo o seu sistema de apuntado. Ademais, no caso de San Andreas, tamén serán mellorados os controis dos vehículos e facilitado o acceso a certos menús.

En PC, a triloxía chegará contará con soporte para DLSS, en Switch con controis por xiroscopio e as versións para a actual xeración de consolas irán a 4K e 60 fps.

Grand Theft Auto: The Trilogy – The Definitive Edition sairá o 11 de novembro en PC (Rockstar Launcher), PS4, PS5, Switch, Xbox One e Xbox Series X|S. Preto dun mes máis tarde, o 7 de decembro, chegarán edicións físicas para PS4, Switch e Xbox One.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.