Horizon Forbidden West terá un State of Play de seu este 27 de maio
Cheira a verán, cheira a E3… claro que Sony declinou participar no evento angelino hai xa un par de anos. Sexa como for, a compañía xaponesa quixo mover ficha e este xoves teremos un vídeo de 20 minutos de Horizon Forbidden West. Catorce deles estarán dedicados a puro gameplay.
Aloy, a nova protagonista do primeiro título deste nova IP de PlayStation, converteuse nunha icona dentro da marca, cun éxito máis que sabido de crítica e público. Mundo aberto, compoñentes RPG, acción e un pasado moi futuro. Exclusivo de PlayStation 5, a nova historia de Guerrilla mostrarase ao mundo este xoves 27 de maio, ás 23 horas, a través dun State of Play cun só protagonista. Xa pasou un ano desde que vimos as primeiras imaxes da obra.
El jueves 27 de mayo, vuelve State of Play con un extenso gameplay de Horizon Forbidden West: https://t.co/4nxrY4z2cY #StateOfPlay pic.twitter.com/lTi3x521G9
— PlayStation España (@PlayStationES) May 25, 2021