Actualidade Resident Evil 2, 3 e 7 recibirán parches con melloras visuais para PC, PS5 e Series X|S

Resident Evil 2, 3 e 7 recibirán parches con melloras visuais para PC, PS5 e Series X|S

Capcom confirmou o lanzamento de actualizacións gráficas e visuais para as revisións de Resident Evil 2 e 3, ademais de Resident Evil 7.

O tres títulos recibirán un parche gratuíto que permitirá gozar deles con algunhas vantaxes en PlayStation 5, Xbox Series S|X e PC. Se xa tes os títulos comprados en PS4 e/ou Xbox One, non te preocupes, o salto ás seguintes consolas tamén é pola cara.

Non foi indicada a data exacta dos parches, pero chegarán ao longo de 2022.Tampouco foron detalladas estas melloras, mais si podemos apreciar, nas imaxes compartidas pola conta oficial de Resident Evil, que farán uso da tecnoloxía ray-tracing.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.