Actualidade The Elder Scrolls Online pon sobre a mesa os seus plans para 2021 con varias expansións

The Elder Scrolls Online pon sobre a mesa os seus plans para 2021 con varias expansións

The Elder Scrolls Online continúa ampliando as súas terras e o seu futuro. Bethesda presentou onte os seus plans para o ano que acaba de comezar. Até tres expansións recibirá este ano a súa MMORPG: Blackwood e Flames of Ambition, amais dun último engadido a finais de ano.

A primeira delas —malia que chegará a segunda— configúrase como un novo e enorme capítulo no que recibiremos a tarefa de pescudar os plans do príncipe Mehrunes Dagon, uns oito séculos antes dos acontecementos vividos en The Elder Scrolls IV: Oblivion.

A compañía explica que esta expansión trae unhas 30 horas de trama orixinal e inédita, ademais dun bo número de misións secundarias, xunto con melloras varias e novos compañeiros de viaxe por Tamriel. O 11 de xuño estrearase en PC, e o 8 de xuño en PlayStation e Xbox.

Doutra banda, en marzo poderemos abrir a caixa de correos e achar novo contido. Flames of Ambition chegará o 8 de marzo a PC e Stadia e o 16 de marzo a PS4 e Xbox One, Inaugurando a historia anual de Gates of Oblivion, con alxubes que desvelan a ameaza de Mehrunes Dagon e que derivará nos eventos de Blackwood uns meses despois.

Na recta final de ano chegará máis contido, enviando nesta ocasión aos xogadores a Deadlands, o reino de Mehrunes. Podes consultar todos os detalles ofrecidos por Bethesda a través da páxina oficial de The Elder Scrolls Online.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.