Actualidade Volven as carreiras ilegais con Need for Speed: Hot Pursuit Remastered

Volven as carreiras ilegais con Need for Speed: Hot Pursuit Remastered

O regreso das rodas queimadas e as carreiras frenéticas. Electronic Arts anunciou o regreso de Need for Speed: Hot Pursuit Remastered, unha versión mellorada e puída do título lanzado orixinalmente en 2010 para PC, PS3 e Xbox 360.

A inclusión dun modo multixogador en liña será a principal novidade respecto da obra creada por Criterion; ademais, contará con xogo cruzado entre plataformas. Até seis horas máis de contido con retos e elementos cosméticos son os outros incentivos que esperan no seu lanzamento para PC, PS4 e Xbox One o 6 de novembro. Nintendo Switch recibirá a súa versión unha semana máis tarde, o 13 de novembro.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.