Actualidade Half Life 2 recibe un parche case 15 anos despois da súa estrea

Half Life 2 recibe un parche case 15 anos despois da súa estrea

Liches ben. Half Life 2 recibiu unha nova actualización. Valve, compañía responsábel de Steam e da lendaria obra dixital, vén de publicar un pequeno parche que podes descargar xa mesmo.

Segundo as notas da actualización, este engadido corrixe algúns bugs menores que o xogo posuía, así como a activación involuntaria de SteamVR após entrar nas opcións, amais do engadido dalgúns sons que non estaban a funcionar ben. Quizais o detalle máis rechamante que incorpora o título orixinal é que agora os seus NPC poderán pestanexar.

O parche afecta a Half- Life 2, Half- Life 2: Episodio Un, Half- Life 2: Lost Coast e Half- Life: Source.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.