Itch.io publica un bundle benéfico para Ucraína con máis de 600 xogos por dez euros

Itch.io publica un bundle benéfico para Ucraína con máis de 600 xogos por dez euros

A  plataforma itch.io publicou onte un bundle —un pack, unha compilación…— de diversos títulos para PC que agrupa máis de 700 estudois e desenvolvedoras de todo o mundo para recadar fondos en apoio a Ucraína e a guerra que sofre a súa poboación.

En total son case 1.000 items, dos uns 600 son videoxogos. O seu prezo mínimo é de 10 euros, se ben podes elevar a cantidade do achegado se así o estimas axeitado. Pode ser mercado nesta mesma ligazón.

Na compilación poderás achar obras como A Short Hike, Celeste, Minit, SkateBIRD, GoNNER, SUPERHOT ou Long Gone Days. Os beneficios do bundle irán destinados a distintas organizacións humanitarias internacionais que operan neste intre no país ucraíno.

A día de hoxe xa recadaron máis de medio millón de dólares. Estará dispoñíbel até o 10 de marzo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados