Kentucky Route Zero: TV Edition pon data ao seu lanzamento en consolas
Unha das mellores obras indies dos últimos anos, Kentucky Route Zero, completará a súa viaxe este mesmo mes coa chegada do seu quinto e último capítulo. A obra creada por Cardboard Computer e amparada por Annapurna Interactive poñerá así punto e final ao roteiro que realizaron xuntos, desde o ano 2013 coa chegada do primeiro episodio do xogo até o ano 2016, no que se publicou a que polo de agora é a última parte da historia.
Será o 28 de xaneiro cando poderemos gozar de Kentucky Route Zero: TV Edition, unha edición especial do título que nos permitirá gozar tanto dos episodios como dos interludios por primeira vez para PS4, Xbox One e Nintendo Switch. Tamén os xogadores de PC poderán acabar o seu percorrido dentro dun xogo baseado nas clásicas mecánicas do point & click e as conversacións, erixíndose como o eixo central da obra.
Por último, lembrar que se descoñece se o título chegará localizado e traducido ao español, o que sería unha gran nova para todos os afeccionados.