Actualidade Konami publica en GOG Metal Gear, Metal Gear Solid e Metal Gear Solid 2

Konami publica en GOG Metal Gear, Metal Gear Solid e Metal Gear Solid 2

Despois de varios días de rumores coa súa volta para PC, Konami acaba de anunciar que publica a través de GOG tres títulos da mítica franquía de Solid Snake. Metal Gear, Metal Gear Solid e Metal Gear Solid 2: Substance están xa dispoñibles na tenda de CD Projekt. O primeiro ten un prezo de 5,99 euros, namentres os outros custan 9,99 euros cada un.

Metal Gear Solid chega só co inglés como única opción de lingua, deixando polo camiño a mítica tradución feita para a versión de PlayStation. A súa continuación sin conta con textos en castelán. En ambos os dous casos son versións cun apartado visual un pouco retocado e mellorado dos orixinais.

Doutra banda, tamén se lanzou o pack Konami Collector’s Series: Castlevania e Contra, que inclúe cinco títulos: Castlevania, Castlevania II: Simon’s Quest, Castlevania III: Dracula’s Curse, Contra e Super C.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.