Loop Hero, de balde durante 24 horas na Epic Games Store

Grata sorpresa hoxe na Epic Games Store. A tenda de títulos ofrece Loop Hero, un dos mellores xogos do ano —non é unha esaxeración, a súa ausencia nos GOTY foi bastante curiosa e inexplicable—, sen ter que pagar nin un euro. Nada. Se o engades á túa biblioteca, quedas para sempre con el.
O xogo é unha mestura de cartas, estratexia e RPG, onde trataremos de romper o lazo temporal no que nos haxamos inmersos. A oferta remata mañá, 21 de decembro, ás 16.59 horas. Non dubides.