Actualidade Novos detalles de Dragon Age 4, a última bala de BioWare para a redención

Novos detalles de Dragon Age 4, a última bala de BioWare para a redención

BioWare xa non o oculta. Sabe que Dragon Age 4 é, dalgún xeito, a súa derradeira oportunidade de non perder a un público que outrora estivo do seu lado grazas a lanzamentos como Mass Effect 2 ou Star Wars: Knights of the Old Republic. A morna acollida de Mass Effect Andromeda e logo o fracaso de Anthem supuxeron un golpe de efecto para unha compañía que anda na procura da redención cun novo capítulo da coñecida franquía RPG.

A través dun vídeo, o equipo de desenvolvemento foi explicando as súas inquietudes á hora de traballar en Dragon Age 4, a través de artes conceptuais, presentación dalgúns personaxes e diversos comentarios.

Alén de calquera novidade, o que si quedou claro é a mensaxe que deixa BioWare: isto non sairá mañá. Saben que as présas son malas compañeiras, e están a xogarse demasiado con este título. A recomendación que deixan á comunidade é a de ter paciencia. A continuación podes ver o vídeo completo:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.