Actualidade Steam fai limpeza de xogos creados para o “troleo”

Steam fai limpeza de xogos creados para o “troleo”

Xa o avisara a principios de setembro e a compañía de Gabe Newell cumpriu a súa ameaza. Coa chegada do novo eliminou de Steam aqueles xogos creados para o “puro troleo”. Durante as últimas semanas estímase que foron retiraron da plataforma dixital máis de 170 títulos.

Ademais de quitar a opción de compra destes xogos tamén se bloqueou a varios creadores que Steam xa non quere dentro da súa tenda. No comunicado feito público indican que a maioría destes xogos tiñan unha mesma raíz de desenvolvemento, configurada arredor dun pequeno grupo de deseñadores.

MILF, Hentai Puzzle ou Putin, Boobs and Trump son só un exemplo de xogos que xa non estarán dispoñibles na tenda de Valve. Iso si, se xa os tiñas poderás seguir gozando deles.

Tamén destaca o borrado de 32 xogos creados para conseguir logros de maneira sinxela.

Aquí queda unha pequena lista con algúns dos títulos que xa non estarán á venda: BOOBS BATTLEGROUND, LOGAN vs KSI, PUTIN, BOOBS and TRUMP, Mariko: Hot Nightlife, Home Alone Girlfriend, Dad’s co-worker, X-Ray Hospital, Boobs Puzzle , Rich life simulator VR, Simulator hipstera 2k1, Bitcoin highway, MILF, Big Dick, Make Border Great Again! e Love Games.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.