Actualidade O E3 2023 retomará o formato presencial entre o 13 e o 16 de xuño do 2023

O E3 2023 retomará o formato presencial entre o 13 e o 16 de xuño do 2023

Pouca nova como tal, pero de seguro que haberá moita opinión ao longo dos vindeiros días sobre ela. O E3 tiña confirmada a súa volta, mais agora ten tamén confirmada a súa data: será entre o 13 e o 16 de xuño do 2023 e si, volverá ser presencial.

A Entertainment Software Association (ESA) confirmou hoxe esta fiestra de celebración, intre no que se desenvolverán reunións, presentacións, conferencias e exposicións. O E3 volverá estar aberto ao público para probar os xogos ou coñecer as novidades que as compañías queiran presentar nos seus stands.

A realidade é que é curioso comprobar como un evento que semellaba denostado e pouco áxil no seu día pode que volva cunha enerxía renovada logo do estraño calendario de eventos que lle sucederon. Hai sitio para o E3? Moitas voces pensamos no seu día que non, pero visto o visto… Igual si que era máis doado telo todo xuntiño nun par de días e gozar do fume.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.