Actualidade O remake de Spyro debuta mellor que os tres xogos orixinais xuntos

O remake de Spyro debuta mellor que os tres xogos orixinais xuntos

Spyro, o  coñecido dragón morado, chegou de novo ás consolas o pasado 13 de novembro e converteuse nun dos xogos máis populares ao outro lado do charco.

Segundo a firma NPD Group, as vendas desta recompilación revisada graficamente foron un 30 % máis altas que as vendas dos tres xogos orixinais combinadas entre si no seu primeiro mes de publicación. En poucas palabras, o regreso de Spyro foi un éxito superior ao do seu pasado. Polo menos, inicialmente.

Os datos que manexa esta empresa non inclúen a saga Skylanders, que tivo o seu inicio no ano 2011 baixo o nome Skylanders: Spyro’s Adventure.

Este remake, Spyro Reignited Trilogy, inclúe os xogos Spyro thee Dragon, Spyro 2: Ripto’s Rage! y Spyro: Year of the Dragon. Polo momento, o título está dispoñible para PS4 e Xbox One. Non está descartada a súa chegada para Switch e PC nun futuro.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *