Actualidade Publicados os requisitos técnicos da versión para PC de Godfall

Publicados os requisitos técnicos da versión para PC de Godfall

Coñecido por ser un dos primeiros exclusivos de PS5 —cando falamos de consolas—, Godfall acaba de facer públicos os seus requisitos mínimos e recomendados para a súa versión de PC.

A través dunha imaxe, Counterplay Games revela o hardware que necesitaremos para movelo correctamente nos nosos computadores. Na súa estrea para esta plataforma, só estará dispoñíbel na Epic Games Store.

A continuación, podes comprobar se o teu ordenador está preparado para a chegada de Godfall:

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.