Actualidade Ori and the Will of the Wisps chega hoxe a Nintendo Switch

Ori and the Will of the Wisps chega hoxe a Nintendo Switch

Sorpresa agradábel entre as varias que ofreceu o último Nintendo Direct. Ori and the Will of the Wisps estará dispoñible desde hoxe en Nintendo Switch. O xogo viu a luz hai uns meses en PC e Xbox, converténdose nun dos mellores plataformas estilo metroidvania do ano. Unha auténtica xoia que por apartado visual e xogabilidade encaixa á perfección na máquina de Nintendo.

Tamén se presentou unha edición especial física que conta cun máis que preciosista deseño e inclúe os dous títulos publicados da saga Ori. Un bo agasallo, sen dúbida.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.