Reportaxes PlayStation 5 :: A que poderemos xogar o 19 de novembro?

PlayStation 5 :: A que poderemos xogar o 19 de novembro?

A nova máquina de Sony sacou peito ao longo das súas últimas retransmisións mostrando un futuro a medio prazo prometedor, mais pecou de certa confusión á hora de sinalar que xogos estarán dispoñíbeis o día que chegue ás tendas. Fixeches a reserva, vas ao comercio e sales de alí co teu flamante PlayStation 5 con ou sen lector. A que xogarás?

A continuación tes unha lista con todos os xogos que estarán preparados para ser gozados no día da estrea. Algúns tamén o estarán en PS4. Van por orde alfabética e destácanse os exclusivos puros:

  • Assassin’s Creed Valhalla (tamén en PS4)
  • Astro’s Playroom (está xa instalado na nova consola)
  • Call of Duty: Black Ops Cold War (tamén en PS4)
  • Cyberpunk 2077 (versión de PS4, a mellorada visualmente de PS5 chegará máis adiante)
  • Demon’s Souls
  • Destruction AllStars
  • Destiny 2: Beyond Light (tamén en PS4)
  • Devil May Cry 5: Special Edition (só dixital, a edición física logo)
  • Dirt 5 (tamén en PS4)
  • eFootball PES 2021 Season Update (tamén en PS4)
  • FIFA 21 (tamén en PS4)
  • Fortnite (tamén en PS4)
  • Godfall
  • Hyper Scape (tamén en PS4)
  • Madden NFL 21 (tamén en PS4)
  • Marvel’s Avengers (tamén en PS4)
  • Marvel’s Spider-Man: Miles Morales (tamén en PS4)
  • NBA 2K21 (tamén en PS4)
  • Rainbow Six Siege (tamén en PS4)
  • Sackboy: A Big Adventure (tamén en PS4)
  • Watch Dogs Legion (tamén en PS4)
  • WRC9 (tamén en PS4)

En poucas palabras, eses serían os xogos ‘novos’ ou a estrear co cambio de xeración. Porén, Sony tamén creou o servizo  PlayStation Plus Collection, co que poderás xogar 18 videoxogos de PS4 desde o día de lanzamento. Iso si, pagando a subscrición mensual típica por ter acceso aos servidores da compañía. A continuación tes os títulos que estarán dispoñíbeis:

  • God of War
  • Bloodborne
  • Monster Hunter World
  • Final Fantasy XV
  • Fallout 4
  • Mortal Kombat X
  • Uncharted 4: A Thief’s End
  • Ratchet and Clank
  • Days Gone
  • Until Dawn
  • Detroit: Become Human
  • Battlefield 1
  • Infamous Second Son
  • Batman: Arkham Knight
  • The Last Guardian
  • The Last of Us
  • Persona 5
  • Resident Evil 7: Biohazard

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.