PlayStation 5 :: A que poderemos xogar o 19 de novembro?
A nova máquina de Sony sacou peito ao longo das súas últimas retransmisións mostrando un futuro a medio prazo prometedor, mais pecou de certa confusión á hora de sinalar que xogos estarán dispoñíbeis o día que chegue ás tendas. Fixeches a reserva, vas ao comercio e sales de alí co teu flamante PlayStation 5 con ou sen lector. A que xogarás?
A continuación tes unha lista con todos os xogos que estarán preparados para ser gozados no día da estrea. Algúns tamén o estarán en PS4. Van por orde alfabética e destácanse os exclusivos puros:
- Assassin’s Creed Valhalla (tamén en PS4)
- Astro’s Playroom (está xa instalado na nova consola)
- Call of Duty: Black Ops Cold War (tamén en PS4)
- Cyberpunk 2077 (versión de PS4, a mellorada visualmente de PS5 chegará máis adiante)
- Demon’s Souls
- Destruction AllStars
- Destiny 2: Beyond Light (tamén en PS4)
- Devil May Cry 5: Special Edition (só dixital, a edición física logo)
- Dirt 5 (tamén en PS4)
- eFootball PES 2021 Season Update (tamén en PS4)
- FIFA 21 (tamén en PS4)
- Fortnite (tamén en PS4)
- Godfall
- Hyper Scape (tamén en PS4)
- Madden NFL 21 (tamén en PS4)
- Marvel’s Avengers (tamén en PS4)
- Marvel’s Spider-Man: Miles Morales (tamén en PS4)
- NBA 2K21 (tamén en PS4)
- Rainbow Six Siege (tamén en PS4)
- Sackboy: A Big Adventure (tamén en PS4)
- Watch Dogs Legion (tamén en PS4)
- WRC9 (tamén en PS4)
En poucas palabras, eses serían os xogos ‘novos’ ou a estrear co cambio de xeración. Porén, Sony tamén creou o servizo PlayStation Plus Collection, co que poderás xogar 18 videoxogos de PS4 desde o día de lanzamento. Iso si, pagando a subscrición mensual típica por ter acceso aos servidores da compañía. A continuación tes os títulos que estarán dispoñíbeis:
- God of War
- Bloodborne
- Monster Hunter World
- Final Fantasy XV
- Fallout 4
- Mortal Kombat X
- Uncharted 4: A Thief’s End
- Ratchet and Clank
- Days Gone
- Until Dawn
- Detroit: Become Human
- Battlefield 1
- Infamous Second Son
- Batman: Arkham Knight
- The Last Guardian
- The Last of Us
- Persona 5
- Resident Evil 7: Biohazard