Actualidade Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 26

Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 26

A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da Gruta de Gizamaluke. Día de gruta, día de radio.

Hoxe temos unha sección de novas algo máis longa do habitual onde falamos do lanzamento de Read Dead Online, World of Warcraft Classic, o crunch en CD Projekt, ou as expansións de Metro Exodus; entre outros temas de actualidade.

Tamén traemos unhas primeiras impresións de A Plague Tale: Innocence, pinchamos musiquiña feita por Chris Cornell e finiquitamos co pacto de Sony e Microsoft polo xogo na nube.

Cal é o equipo da Gruta de Gizamaluke? Hoxe, falan Charlie e Juan. Marisa fedella no son.

Preme na imaxe!

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.