Actualidade Project Resistance :: Adianto en vídeo do novo Resident Evil

Project Resistance :: Adianto en vídeo do novo Resident Evil

Antes de continuar o camiño que todos criamos con Resident Evil 3 ou Resivent Evil 8, Capcom quere engadir unha parada máis ao autobus do survival horror.  O próximo título da saga mantén o nome que se desvelou hai unha semana, Project Resistance, e configúrase como algún tipo de aventura multixogador. Vén de estrear o seu primeiro adianto oficial en vídeo.

«Achégase unha nova experiencia de horror de supervivencia baseada no equipo», reza a descrición oficial do trailer cinemático. Algunhas voces sinalan que se trata dunha aposta polo multijugador asimétrico, é dicir, aquel no que un xogador é o malo e outro grupo de usuarios, os bos. Polo que amosa o adianto, este rumor ben podería ser tomado como realidade, dado o auxe no que se atopa o xénero.

Tocará agardar. Os membros do programa interno Ambassador poderán probar o novo título este mesmo mes. As probas levaranse a cabo en Xapón e en Estados Unidos. No país de Donald Trump, tamén se programaron un par de evento en dúas cidades distintas: o 20 e 21 de setembro nos Ángeles, e o 23 e 24 de setembro en Nova Iorque.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.