Actualidade PUBG, o 7 de decembro en PlayStation 4

PUBG, o 7 de decembro en PlayStation 4

“Non era sen tempo” que dirían algúns. Tras unha serie de rumores e filtracións durante as últimas semanas, PlayerUnknown’ s Battlegrounds (PUBG) xa ten data de lanzamento oficial na máquina de Sony. Será o 7 de decembro, contará con edición física, e terá un prezo de 29,99 euros.

O battle royale desenvolto por Bluehole converteuse nun dos éxitos máis explosivos da historia recente do videoxogo. Aínda sabendo que a súa historia comezou en PC, Microsoft conseguiu que a súa consola de sobremesa tamén dese, por un tempo, soporte exclusivo a PUBG neste formato.

A edición para PlayStation 4 incluirá tres mapas: Erangel, Miramar e Sanhok. Ademais, en inverno lanzarase un novo escenario cunha ambientación de neve e tundra. O xogo incorporará a maioría de características da versión de PC, como as partidas personalizadas ou o sistema de rangos.

Se algún pensou en mercalo por anticipado, gustaralle saber que obterá de agasallo varios cosméticos, entre os que se atopan o coñecido traxe de Nathan Drake ou a mochila de Ellie de The Last of Us. Tamén recibirán un avatar especial para PSN.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

1 Comentario
    • Pastel de Carne
    • En: 14 de Novembro de 2018

    O PUBG tivo un esplendor sen parangón no PC, e non soubo manterse. Cando comecei a xogar era moi tosco e non podías nen saltar escalóns. Creceron dende os 80k xogadores imultaneos ate superar os 3 millóns en steam, e sexa por falta de recursos ou falta de ganas perderon esa ola.
    ¿Poderán recuperalo agora con Playstation? Dista moito da xogabilidade con mando que ten o Fornite…

    Responder
Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *