Actualidade Queres probar Overwatch? Tes unha semaniña para facelo

Queres probar Overwatch? Tes unha semaniña para facelo

Todo aquel que queira poderá gozar desde mañá dunha semana de balde de Overwatch en PC, Xbox One ou PlayStation 4. Dende o 20 de novembro e até o 27 do mesmo mes, o shooter por equipos máis famoso do mercado abrirá as súas portas a todo aquel que desexe probalo.

Durante os próximos sete días, todo o contido do título de Blizzard estará dispoñible, incluíndo a súa nova heroína, Ashe, a pistoleira engadida recentemente. Así mesmo, todos os mapas e modos de xogo estarán enteiramente a disposición dos xogadores.

E se me gusta e cómproo finalmente? Conservarás todos os progresos realizados durante a proba semanal, sempre que utilices a mesma conta, claro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.