Actualidade Rajang será outra criatura a derrotar en Monster Hunter World: Iceborne

Rajang será outra criatura a derrotar en Monster Hunter World: Iceborne

Capcom vén de confirmar que Rajang será unha das criaturas que poderemos atopar no mundo expandido de Monster Hunter World: Iceborne. Este monstro, que apareceu por primeira vez en Monster Hunter World 2, chegará coa primeira gran actualización desta expansión, que se publicará en outubro.

O DLC de pago chegará un mes antes, aínda que só para a versión de consolas. O 6 de setembro a neve comezará a caer en PlayStation 4 e Xbox One; en PC, haberá que esperar até o ano que vén.

Rajanng configúrase como unha criatura de enorme perigo grazas ás súas poderosas fauces e aos seus movementos áxiles , inesperados en moitas ocasións. O adianto de presentación tamén permite botarlle un ollo á subespecie Furious Rajang, onde o monstro desatará toda a súa ira e potencial.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.