Ratchet & Clank: Unha Dimensión Aparte chegará o 11 de xuño
PlayStation 5 recibirá un novo exclusivo xusto no ecuador do seu primeiro ano de vida. Insomniac Games e PlayStation Studios fixaron no calendario a saída de Ratchet & Clank: Unha dimensión aparte: o 11 de xuño.
O plataformas de acción e aventura configúrase como un dos lanzamentos máis relevantes do ano para Sony, e aínda que xa sabiamos que chegaría este ano era unha incógnita a súa chegada a tendas.
Os reponsábeis do xogo explican no blogue oficial de PlayStation que este Ratchet & Clank: Unha dimensión aparte «é ideal para empezar, grazas á súa historia totalmente independiente».
Iso si, non hai novas imaxes. O tráiler que lanzaron este xoves só serve para coñecer a data, pois o resto de imaxes xa eran coñecidas. É de esperar que pronto haxa novas noticias en forma de vídeo e/ou imaxes.