Rockstar anuncia unha enorme actualización para Red Dead Online esta semana

Dous mundos distintos baixo unha mesma firma: Rockstar. Red Dead Online e GTA Online recibirán actualizacións nos vindeiros días.
O xogo de vaqueiros será o primeiro en aumentar o seu contido, após varios meses sen novidades neste oido. Trátase dun gran parche que introducirá un novo rol, un Pase de Foraxidos e diversas revisións. Ademais, segundo o destacado pola compañía estadounidense, tamén foron tidas en conta as peticións da comunidade e localizacións e avisos de bugs e glitches.
A compañía afirma que ambos os dous títulos recibirán máis actualizacións durante o que queda de ano, incluíndo «a maior actualización ata a data» para GTA Online cunha nova localización.
Red Dead Online players can expect a massive new update to arrive Tuesday, July 28th featuring a new Frontier Pursuit that will introduce players to the secrets of naturalism, plus a new Outlaw Pass, tons of community-requested features and fixes, and much more. pic.twitter.com/Eja3FoiGc5
— Rockstar Games (@RockstarGames) July 24, 2020