Actualidade SNK xa traballa nun novo Metal Slug e dúas consolas Neo Geo

SNK xa traballa nun novo Metal Slug e dúas consolas Neo Geo

SNK Corporation confirmou durante o seu último encontro con investidores que haberá un novo Metal Slug. O título atoparíase xa en desenvolvemento e, ademais, tamén se estaría a traballar en dúas novas máquinas: Neo Geo 2 e Neo Geo 3, consecuencia do éxito obtido coa Neo Geo Mini. Segundo parece, serán dúas consolas definidas como plataformas semiabertas.

Por desgraza, non se revelaron máis detalles sobre o Metal Slug que está por chegar. As plataformas nas que se poderá adquirir, así como outros detalles sobre o título, serán especificadas ao longo dos próximos meses. A última entrega desta franquía viu a luz en PC baixo o título de Metal Slug Defense, contando cunha xogabilidade afastada do xénero shoot’em up clásico.

Durante o encontro co grupo de investidores a compañía tamén confirmou que que SNK Heroines: Tag Team Frenzy superara as 300.000 copias vendidas para PS4, PC e Nintendo Switch.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.