Sony anuncia os vinte xogos da PlayStation Classic
Coñeciamos xa algún, pero faltaban por saberse moitos. O vicepresidente de marketing de PlayStation, Usama Al-Qassab, anunciou esta mañá a listaxe de títulos que virán no interior do modelo en miniatura dunha das consolas máis queridas da industria.
- Battle Arena Toshinden
- Cool Boarders 2
- Destruction Derby
- Final Fantasy VII
- Grand Theft Auto
- Intelligent Qube
- Jumping Flash!
- Metal Gear Solid
- Driller
- Oddworld: Abe’s Oddysee
- Rayman
- Resident Evil Director’s Cut
- Revelations: Persona
- Ridge Racer Type 4
- Super Puzzle Fighter II Turbo
- Syphon Filter
- Tekken 3
- Tom Clancy’s Rainbow Six
- Twisted Metal
- Wild Arms
A dificultade de resumir en vinte xogos a lenda gris de PlayStation é, coma pouco, unha tarefa complicada, e xa na rede algúns usuarios comentan a ausencia “inexplicábel” dalgúns títulos coma: Gran Turismo, Soul Reaver, Vagrant Story, Silent Hill, Wipeout ou Tomb Raider.
Dende o seu anuncio era obvio que moitos títulos ían quedar fóra e Sony xa se comentou no seu dúa que non habería ampliación deste catálogo ou descargas dixitais a maiores. A polémica está servida.