Actualidade Spelunky 2 rompe o seu silencio e anuncia data de lanzamento

Spelunky 2 rompe o seu silencio e anuncia data de lanzamento

Levabamos tempos sen noticias de Spelunky 2, pero o State of Play de onte, 6 de agosto, serviu para achegarnos algo máis da súa xogabilidade e fixar, por fin, unha nova data de saída. Cando? O vindeiro 15 de setembro, o título de Derek Yu, estrearase en PlayStation 4 e PC.

O director desta obra explica no novo vídeo que non quere eliminar os elementos que fixeron tan especial o primeiro xogo, pero si traballou con moita gana en recrear unha experiencia máis rica e dinámica a través de novidades en forma de mecánicas e interaccións cos escenarios.

No tráiler que tes a continuación pódense observar novos minixogos nas tendas e unhas poucas imaxes do modo multixogador, amais de comprobarmos o aspecto xeral de Spelunky 2. 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.