Actualidade Spiritfarer chega por sorpresa e xa está dispoñíbel en PC, PS4, Xbox e Switch

Spiritfarer chega por sorpresa e xa está dispoñíbel en PC, PS4, Xbox e Switch

Unha das sorpresas non só da semana, senón do mes. Spiritfarer, o título de Thunder Louts Games onde transportamos ao máis alá os espíritos dos defuntos coa nosa embarcación, está xa dispoñíbel para a súa compra en PC, PS4, Xbox One e Nintendo Switch.

Trátase dunha obra cun apartado gráfico belo e unha formulación positiva e interesante sobre ese suceso inevitábel que é a morte. Os usuarios xa puideron probala até en dúas ocasións antes da súa estrea oficial grazas a un par de demos de balde.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.