Actualidade Steam bate o seu récord de usuarios simultáneos de novo

Steam bate o seu récord de usuarios simultáneos de novo

Por mor da expansión do coronavirus e a recomendación das autoridades sanitarias de ficar na casa, semella que a comunidade de xogadores decidiu pasar máis tempo diante da pantalla. Así o indican os últimos datos de afluencia de usuarios en Steam, que o pasado 14 de marzo concentrou a un total de 19.728.027 persoas.

Entre os títulos máis xogados atópase, como de costume, Counter- Strike: Global Offensive. Máis dun millón de xogadores reuníronse no shooter competitivo durante toda a xornada mentres que en segunda posición estivo Dota 2 con 694.829 xogadores. O podio complétao PUBG, o battle royale de Bluehole, con 525.462 usuarios.

A maioría de servizos de xogo en liña como PSN ou Xbox Live están a experimentar un gran tráfico de xogadores nos últimos días, debido ás medidas de illamento social que impuxeron varios gobernos de todo o mundo. Recentemente, a plataforma de Valve xa batera o seu propio récord de xogadores simultáneos.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Comentarios non permitidos
  1. […] usuarios aproveitaron para trataren de pasar a corentena dentro dos videoxogos. Steam, por exemplo, bateu o seu récord de usuarios, rexistrando un pico próximo aos vinte millóns de xogadores simultáneos en liña. Tamén en […]