Actualidade Tetris Effect: Connected chegará a PS4, PC e Oculus Quest a mediados de agosto

Tetris Effect: Connected chegará a PS4, PC e Oculus Quest a mediados de agosto

Así é, Tetris Effect: Connected aterrará en PS4, PC (Steam e Epic) e Oculus Quest o vindeiro 18 de agosto. Até o de agora, só era posíbel gozar desta versión do xogo de quebracabezas no Game Pass ou nas tendas de Xbox.

Todo aquel que teña unha copia da obra orixinal poderá acceder a esta expansión, que podería ser definida como unha enorme actualización de balde que habilita o multixogador en liña —ben é certo que no caso de Steam é a primeira vez que poderemos mercar o título—.

Na práctica, as versións de Xbox One e Series X|S tamén sacarán algo bo desta actualización, pois traerá consigo a implementación do xogo cruzado entre plataformas, o que permitirá xogar con calquera amigo ou xogador, sen importar o sistema que este utilice.

Doutra banda, a actualización chegará acompañada por un modo Lento que fará máis sinxelo colocar as pezas que van caendo e a opción de escoller a velocidade PAL, que emulará o desplazamento e velocidade da versión de NES.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.