Actualidade TGS :: Death Stranding e os 50 minutos que achegan o seu universo ao noso mundo

TGS :: Death Stranding e os 50 minutos que achegan o seu universo ao noso mundo

Após un trailer duns sete minutos, Hideo Kojima quixo ensinar ao mundo o vídeo máis longo de Death Stranding até hoxe. Preto de cincuenta minutos de puro gameplay que se sitúan, máis que probablemente, como un dos puntos álxidos do Tokyo Game Show 2019. Por fin, as dúbidas sobre a súa nova obra vanse disipando, amosando un título que se moverá entre a acción e o sixilo, herdeiro dalgunhas das mecánicas construídas durante Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, pero cun mundo e un universo de seu por explorar.

Nova imaxe promocional presentada polo creativo xaponés.

Perante nós expándese un mundo posapocalíptico que poderemos explorar de xeito libre. O camiño é longo, polo que as accións secundarias amontóanse na mochila: ouriñar, tomar un baño, argallar por todos os menús… Todo moi made in Kojima. O novo adianto tamén presenta algunha que outra escena de acción, amais dunha loita contra as escuras criaturas que habitan o xogo. Por suposto, o enigma que é es aventura en si mesma non é revelado, e no aire quedan aínda moitas preguntas ás que dar resposta.

Ora ben, o 14 de setembro volverá Kojima publicar máis material sobre Death Stranding. Outros trinta minutos de metraxe inédita como parte das actividades da edición deste ano da feira xaponesa. Por último, sábese que tamén está programa unha charla cos actores que dan vida aos protagonistas do futuro videoxogo.

Como é máis doado velo que explicalo, a continuación podes gozar do longo vídeo mostrado neste TGS.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.