The Binding of Isaac: Repentance chegará a consolas este xoves

Edmund McMillen, desenvolvedor e creador de The Binding of Isaac, anunciou hai algunhas que The Binding of Isaac: Repentance, a derradeira expansión —e enorme— para The Binding of Isaac: Rebirth, estará dispoñíbel en consolas mañá, día 4 de novembro.
The binding of Isaac: Repentance releases on switch, ps5, ps4 and Xbox series x THIS THURSDAY! ( nov. 4th ) Xbox 1 release not long after as well as retail releases with some special goodies! pic.twitter.com/H9OSsSqShJ
— 🜏 Edmund McMillen 🜏 (@edmundmcmillen) November 2, 2021
The Binding of Isaac: Repentance é a expansión final do título —esta vez semella que de verdade, pois McMillen xa dixo este comentario con anterioridade— e engade unha chea de contido inédito. Saíu orixinalmente en Steam o pasado 31 de marzo, e inclúe novos mapas, xefes e obxectos, e ten un prezo de 14,99 euros.