Actualidade Torchlight Frontiers convértese por sorpresa en Torchlight 3

Torchlight Frontiers convértese por sorpresa en Torchlight 3

Perfect World Entertainment vén de facer público que Torchlight Frontiers transformarase en Torchlight 3. O proxecto anunciado no 2018 durante a Gamescom estaba destinado a ser unha nova entrega que continuase o espírito da saga Diaño, mais coa idea de saír en formato free to play ao longo deste ano. Finalmente, o plan mutou e convertirase nun xogo de pago que seguirá a fórmula ARPG dos dous primeiros títulos.

Os seus responsables seguirán sendo Echtra Games, fundada por Max Schaefer. Os usuarios, após compralo, recibirán todo o xogo completo sen limitacións de ningún tipo, como si estaba previsto no modelo de xogo de balde.

O cambio de nome e de modelo de negocio débese, segundo Schaefer, tanto aos diferentes comentarios dos xogadores que puideron probar o xogo na súa alfa como polo descubrimento do propio estudio durante o desenvolvemento do xogo que vían como Torchlight Frontiers tiña de ser un auténtico sucesor das primeiras entregas da franquía.

Torchlight 3 sairá para PC, en Steam, no verán. Poderase probar o mércores 29 na alfa pechada.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.