Actualidade Un fallo na BETA de Fallout 76 elimina toda a instalación en PC

Un fallo na BETA de Fallout 76 elimina toda a instalación en PC

Non comeza con moi bo pé a beta pechada de Fallout 76. Onte lanzouse oficialmente para PC e os usuarios víronse afectados por un potente bug, recoñecido pola propia compañía, que non só impedía xogar a esta versión do título, senón que eliminaba os 50 GB no caso de facer clic co rato en calquera botón da pantalla. Non son poucos os xogadores que informaron deste erro tras varios intentos de executar o programa que acabaron en fracaso.

Bethesda afirma estar traballando nunha solución e lembra aos usuarios que poderán volver a xogar na beta de Fallout 76 nos seguintes intervalos de tempo:

  • Martes, 30 de outubro, de 00:00h a 4:00h (horario europeo)
  • Xoves, 1 de novembro, de 19h a 00h
  • Sábado, 3 de novembro, de 22:00h a 2:00h
  • Domingo, 4 de novembro, de 19h a 2:00h

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.