Actualidade Tencent pasa a ser o accionista maioritario de Tequila Works

Tencent pasa a ser o accionista maioritario de Tequila Works

Tencent continúa, aos poucos, coa súa expansión polo mundo. Desta vez, a multinacional xaponesa foi quen de chegar a un acordo con Tequila Works, estudio responsábel de obras como RiME ou Gylt.

Con sede en Madrid, Tencent pasa a ser o accionista maioritario da empresa. A través dun comunicado na súa páxina web, sinalan que este novo cambio «proporcionará os medios precisos para levar os seus xogos até o seguinte nivel».

Na práctica, a compañía xaponesa adquire un dos estudios españois con máis proxección nos últimos anos. Nestes intres están a desenvolver Song of Nunu: A League of Legends Story, un título para un xogador protagonizado polo campión de LoL composto por Nunu e Willump. Unha obra que tentará mesturar aventuras con quebracabezas.

Paga a pena lembrar que Tencent xa é dona de Riot Games, estudio responsábel de League of Legends, polo que no fondo non debería sorprender en exceso estes movementos económicos e empresariais.

Sexa como for, a multinacional segue a medrar, logo de adquirir en febreiro 1C Entertainment e Inflexion Games. Ademais, hai unhas semanas mercaba Bandcamp, unha das plataformas musicais máis importantes no que se refire a música independente.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.