SEGA publica o catálogo completo que terá a súa futura Mega Drive Mini
Non quixo SEGA arriscar coa súa consola de tamaño reducido, sobre todo tras ver o acontecido con outros lanzamentos similares ao mercado. A compañía xaponesa vén de pechar o portentoso catálogo que incluirá Mega Drive Mini e o recibimento, aínda que sempre quedará algún capricho por satisfacer, está a ser máis que positivo.
Ata 42 xogos resucitarán nesta nova oportunidade para o vicio da máquina negra de SEGA, que vén de desvelar os doce últimos títulos que quedaban por saber. Darius, Virtua Fighter 2, Alisia Dragoon, Monster World IV, Kid Chameleon, Road Rash 2, Eternal Champions, Columns, Dynamite Headdy, Strider, Light Crusader e o lendario Tetris de Mega Drive, unha más que interesante peza de coleccionista incluída grazas á colaboración con The Tetris Company.
A listaxe completa queda así:
- Sonic the Hedgehog
- Ecco the Dolphin
- Castlevania: The New Generation
- Space Harrier 2
- Shining Force
- Dr. Robotnik’s Mean Bean Machine
- ToeJam & Earl
- Comix Zone
- Altered Beast
- Gunstar Heroes
- Castle of Illusion
- World of Illusion
- Thunder Force III
- Super Fantasy Zone
- Shinobi III
- Streets of Rage 2
- Earthworm Jim
- Sonic the Hedgehog 2
- Probotector
- Landstalker
- Mega Man: The Wily Wars
- Street Fighter II: Special Champion Edition
- Ghouls ‘n Ghosts
- Alex Kidd in the Enchanted Castle
- Story of Thor
- Golden Axe
- Phantasy Star IV: The End of the Millennium
- Sonic the Hedgehog Spinball
- Vectorman
- Wonder Boy in Monster World
- Tetris
- Darius
- Virtua Fighter 2
- Alisia Dragoon
- Monster World IV
- Kid Chameleon
- Road Rash II
- Eternal Champions
- Columns
- Dynamite Headdy
- Strider
- Light Crusader
Finalmente, o catálogo de Mega Drive Mini preséntase como un dos máis completos dentro desta tendencia por revivir consolas do pasado. A versión xaponesa presenta algúns cambios dentro dos xogos seleccionados, como a inclusión do lendario Snowbros. A miniconsola poderá adquirirse en Europa a un prezo de 79,99 euros a partir do próximo 19 de setembro.
[…] Mega Drive Mini chega ás tendas con 42 xogos, lista para conectar e xogar. Baséase no Modelo 1 de Mega Drive, lanzado naquel afastado novembro […]