Actualidade SEGA publica o catálogo completo que terá a súa futura Mega Drive Mini

SEGA publica o catálogo completo que terá a súa futura Mega Drive Mini

Non quixo SEGA arriscar coa súa consola de tamaño reducido, sobre todo tras ver o acontecido con outros lanzamentos similares ao mercado. A compañía xaponesa vén de pechar o portentoso catálogo que incluirá Mega Drive Mini e o recibimento, aínda que sempre quedará algún capricho por satisfacer, está a ser máis que positivo.

Ata 42 xogos resucitarán nesta nova oportunidade para o vicio da máquina negra de SEGA, que vén de desvelar os doce últimos títulos que quedaban por saber. DariusVirtua Fighter 2Alisia DragoonMonster World IVKid ChameleonRoad Rash 2Eternal ChampionsColumnsDynamite HeaddyStriderLight Crusader e o lendario Tetris de Mega Drive, unha más que interesante peza de coleccionista incluída grazas á colaboración con The Tetris Company.

A listaxe completa queda así:

  • Sonic the Hedgehog
  • Ecco the Dolphin
  • Castlevania: The New Generation
  • Space Harrier 2
  • Shining Force
  • Dr. Robotnik’s Mean Bean Machine
  • ToeJam & Earl
  • Comix Zone
  • Altered Beast
  • Gunstar Heroes
  • Castle of Illusion
  • World of Illusion
  • Thunder Force III
  • Super Fantasy Zone
  • Shinobi III
  • Streets of Rage 2
  • Earthworm Jim
  • Sonic the Hedgehog 2
  • Probotector
  • Landstalker
  • Mega Man: The Wily Wars
  • Street Fighter II: Special Champion Edition
  • Ghouls ‘n Ghosts
  • Alex Kidd in the Enchanted Castle
  • Story of Thor
  • Golden Axe
  • Phantasy Star IV: The End of the Millennium
  • Sonic the Hedgehog Spinball
  • Vectorman
  • Wonder Boy in Monster World
  • Tetris
  • Darius
  • Virtua Fighter 2
  • Alisia Dragoon
  • Monster World IV
  • Kid Chameleon
  • Road Rash II
  • Eternal Champions
  • Columns
  • Dynamite Headdy
  • Strider
  • Light Crusader

Finalmente, o catálogo de Mega Drive Mini preséntase como un dos máis completos dentro desta tendencia por revivir consolas do pasado. A versión xaponesa presenta algúns cambios dentro dos xogos seleccionados, como a inclusión do lendario Snowbros. A miniconsola poderá adquirirse en Europa a un prezo de 79,99 euros a partir do próximo 19 de setembro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] Mega Drive Mini chega ás tendas con 42 xogos, lista para conectar e xogar. Baséase no Modelo 1 de Mega Drive, lanzado naquel afastado novembro […]