Un outubro con moito que xogar
Xa entrados no outono, outubro configúrase como un mes de transición cara o mercado de Nadal, claro que este ano contará coa presenza dalgúns dos videoxogos máis agardados desta xeración. Por un lado, o todopoderoso Forza Horizon 4 que a crítica xa elevou como o mellor título de condución arcade xamais feito. E, por suposto, está ese Red Dead Redemption 2 de Rockstar que tan só coa súa presenza logrou que varias compañías decidiran atrasar a saída de varios dos seus lanzamentos para que estes non sufriran no seu despegue ante a forza de atracción do xogo ambientado no salvaxe oeste.
Xa mañá, estará dispoñible o novo de Ubisoft, Asassin’s Creed Odyssey, que analizaremos en Morcego nos vindeiros días.
Tamén hai outras novidades de gran interese, como ese Mega Man 11, o Super Mario Party para Switch, ou o Dark Souls Remastered que chega por fin a Nintendo. Tamén volverá a mítica saga Soulcalibur a mediados de mes coa súa sexta entrega numérica. Ollo a ese Call of Duty: Black Ops 4, que quere aproveitar o tirón dos battle royale e gañarse un oco entre os grandes do xénero. Podería facelo.
Xogo | Plataforma/s | Data de lanzamento |
---|---|---|
Forza Horizon 4 | Xbox One, PC | 2 de outubro |
Fist of the North Star: Lost Paradise | PS4 | 2 de outubro |
Mega Man 11 | PS4, Xbox One, Switch, PC | 2 de outubro |
Assassin’s Creed Odyssey | PS4, Xbox One, PC | 5 de outubro |
Super Mario Party | Switch | 5 de outubro |
Disgaea 1 Complete | PS4, Switch | 9 de outubro |
WWE 2K19 | PS4, Xbox One, Switch, PC | 9 de outubro |
Call of Duty: Black Ops 4 | PS4, Xbox One, PC | 12 de outubro |
The World Ends with You: Final Remix | Switch | 12 de outubro |
Lego DC Super Villains | PS4, Xbox One, PC, Switch | 16 de outubro |
Starlink: Battle for Atlas | PS4, Xbox One, Switch | 16 de outubro |
Warriors Orochi 4 | PS4, Xbox One, Switch, PC | 16 de outubro |
Syberia 3 | Switch | 18 de outubro |
Dark Souls Remastered | Switch | 19 de outubro |
Soulcalibur VI | PS4, Xbox One, PC | 19 de outubro |
Just Dance 2019 | PS4, Xbox One, Switch | 23 de outubro |
My Hero One’s Justice | PS4, Switch | 26 de outubro |
Red Dead Redemption 2 | PS4, Xbox One | 26 de outubro |
Haberá que ver se o Red Dead é tanto como prometen, e se o confirman ou desmenten dunha vez para PC, é sorprendente o pouco respeto que teñen pola plataforma en Rockstar…