A banda sonora dos novos Tony Hawk engade 37 novas cancións
É imposible separar un Tony Hawk da súa banda sonora, e a revisión que está por chegar de Tony Hawk’s Pro Skater 1 + 2 non podía ser menos. A volta das dúas primeiras entregas contará coa práctica totalidade das cancións orixinais que escoitabamos hai vinte anos, engadindo algunha que outra nova. En total, 37 cancións compoñerán o repertorio roqueiro dos discman e reprodutores mp3 que cargan os personaxes.
Á lista de 19 pistas xa anunciadas, súmanse unha vintena máis de cancións emblemáticas do ska, o punk e o rap dos noventa. A continuación, podes ver a listaxe completa e un pouco máis abaixo a lista oficial de Spotify:
- “Misery Guts” por Alex Lahey
- “Let’s Do It” por All Talk
- “Life Support” por American Nightmare
- “Connect to Consume” por A. Swayze & the Ghosts
- “All Souls’ Day” por The Ataris
- “Can I Kick It?” por A Tribe Called Quest
- “Step It Up” por Backchat
- “In Control” por Baker Boy
- “Afraid of Heights” por Billy Talent
- “The Struggle” por Black Prez ft. Kid Something
- “South” por CHAII
- “Confisco” por Charlie Brown Jr.
- “Something to Say” por Cherry Kola
- “Made Me Do” por Chick Norris
- “Stomp” por Craig Craig ft. Icy Black
- “Coming Through” por Crush Effect ft. KARRA
- “Duck Eat World” por Destroy Boys
- “IN-TO-IT” por DZ Deathrays
- “West Coast” por FIDLAR
- “Sedona” por JunkBunny
- “Bomb Drop” por Less Than Jake
- “Bloody Valentine” por Machine Gun Kelly
- “Bass (feat. Tech N9ne & Hospin)” por Merkules
- “Let’s Ride” por MxPx
- “Mid 20’s Skateboarder” por Pkew Pkew Pkew
- “She’s Famous Now” por Reel Big Fish
- “Deathwire” por Rough Francis
- “Let Me In” por Screaming Females
- “Shutdown” por Skepta
- “Run It Up Pt. II” por Split Milk
- “Firecracker” por Strung Out
- “Same in the End” por Sublime
- “Like This” por The Super Best Frens Club
- “Flamingo” por Token
- “Lose Control” por Tyrone Briggs
- “Slow Learner” por Viagra Boys
- “All My Friends are Nobodies” por Zebrahead
Tony Hawk’s Pro Skater 1 + 2 recuperará todos os modos de xogo das obras orixinais, incluído o modo multixogador local para dous xogadores a pantalla partida e modo en liña para competir contra outros en diversas modalidades. A súa data de saída continúa fixada para o 4 de setembro en PS4, Xbox One e PC a través da Epic Games Store.