A nova expansión de Dead Cells confirma a súa saída no 2022
O aclamado roguelike de Motion Twin, Dead Cells, vivirá unha nova ampliación: The Queen and the Sea é o título da súa próxima expansión de pago, que chegará a PlayStation, Xbox, Switch e PC en apenas uns meses.
Aínda que non hai unha data concreta, no novo adianto que presentaron os seus responsables, a xanela de lanzamento aparece fixada para os primeiros tres meses do 2022. Ademais, tamén indican o seu prezo: 4,99 dólares.
The Queen and the Sea segue o camiño aberto polas anteriores expansións, The Bad Seed e Fatal Falls, aínda que nesta ocasión incorporará engadidos con temática mariña e novos biomas.
No que respecta á progresión, estes novos biomas situaranse na parte final do xogo, e serán paralelos ao Castelo e a Sala do Trono, polo que teremos un novo xefe final ao que derrotar.